El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Luis López: "A Deputación se confirma como a casa do deporte"

Pontevedra acolle a final da Copa Galicia de fútbol sala en Príncipe Felipe.

26-03-2024 15:41:46
Luis López (c), presidente da Deputación.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, subliñou que o ente provincial se confirma como “a casa do deporte” ao acoller no pavillón de Príncipe Felipe un acontecemento que “é máis ca un partido de fútbol. É unha mostra do gran nivel do fútbol sala feminino da nosa provincia e unha oportunidade para darlle as nosas deportistas a visibilidade que merecen”, afirmou o mandatario provincial. Fíxoo durante a presentación da final da Copa Galicia de fútbol sala feminino, na que se medirán este Xoves Santo, a partir das 12 horas, o Poio Pescamar e o Marín Futsal, nun encontro que amosa a fortaleza do deporte feminino na provincia como un “motor de igualdade”. Acompañado pola vicepresidenta provincial e responsable da área de Deportes, Luisa Sánchez; o presidente da Deputación reafirmou o compromiso do ente provincial co deporte feminino tanto a través de apoio directo a deportistas e clubs como coa organización de eventos deportivos de interese xeral. Neste sentido, Luis López recordou a organización en Pasarón do partido da Selección Española campioa do mundo ou o encontro que terá lugar o vindeiro mes de abril no Porriño do combinado feminino absoluto de balonmán.Unha aposta polo fomento do deporte que a Deputación comparte cos concellos onde xogan os dous equipos que disputarán a final deste xoves e cuxos rexedores, María Ramallo e Ángel Moldes, participaron tamén na presentación do evento. “Son dous concellos que comparten con nós a prioridade polo deporte. En Marín reformarase o pavillón da Cañota para seguir apoiando deportes como o fútbol sala. E en Poio, un dos primeiros proxectos que me trouxo ten que ver cun macroproxecto deportivo”, citou Luis López dous proxectos que contarán co apoio da institución provincial. Sobre a final da Copa Galicia, sostén Luis López que funcionará como un altofalante para “dicirlle a toda Galicia que temos os mellores equipos, dicirlle a toda Galicia que en Pontevedra somos referentes en fútbol sala feminino e dicirlle a toda Galicia que as e os pontevedreses apoiamos e fomentamos o deporte feminino”.Finalmente, o titular da Deputación animou a toda a cidadanía da provincia a asistir este xoves á final, que poderá seguirse tamén a través da TVG2, porque independentemente do resultado “aquí xa gañamos: gaña o futsal, gaña o deporte feminino e gaña a provincia de Pontevedra”, concluíu Luis López. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias