El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Rafa Domínguez destaca a XL Semana Galega da Filosofía como unha "cita ineludible coa análise e a reflexión"

27-03-2024 12:28:05
Rafa Domínguez (I).

REDACCIÓN | O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou hoxe, xunto co presidente da Aula Castelao de Filosofía, Alexandre Cendón, a XL Semana Galega da Filosofía, que se celebrará no Teatro Principal de Pontevedra entre o 1 e o 5 de abril e coa que colabora a institución provincial. Domínguez destacou que este encontro chega a súa edición número 40 “convertido nun evento único e nunha cita ineludible coa análise e a reflexión, que busca achegar o coñecemento, a filosofía, á sociedade”. 

Desta maneira, o encontro, sitúa cada ano á capital da provincia “como líder do pensamento”, grazas a poñentes que axudan a reflexionar e poñer luz sobre diferentes temas. “Catro décadas reflexionando, xerando pensamento crítico y achegando a Pontevedra algúns dos nomes máis relevantes dentro da filosofía contemporánea, tanto de ámbito estatal, galego ou internacional”, loou o vicepresidente. Este ano, o foco da Semana Galega da Filosofía centrarase na análise do concepto de tempo, “que preocupa ao ser humano e do que levamos millares de anos investigando”. 

A investigadora catalá Fina Birulés, especialista na obra e pensamento de Hannah Arendt, será a encargada de abrir un encontro polo que, ao longo de 5 días, pasarán un total de 15 poñentes de diferentes ámbitos. Desta maneira, polo escenario do Teatro Principal pasarán ademais nomes como Ana Carrasco Conde, Ana de Miguel Álvarez, Isabel Balza, Francisco Conde Soto, Manuel Cabada, Anselmo López Carreira, Yolanda Castaño, María Leyra, Carlos Callón, Xurxo Mariño, Alicia Puleo, Cristina García Sainz e Franco Bifo Berardi. O catedrático emérito da Universidade de Vigo Arturo Leyte, catedrático emérito da Universidade de Vigo e especialista no idealismo alemán e Heidegger, pechará a semana de reflexión. 

O programa contará con sesións de mañá, nas que se falará abordará a temática deste ano desde o punto de vista filosófico e nas que haberá quendas de intervencións do público para que poidan compartir as súas reflexións e pareceres; de tarde, nas que se abordará a temática deste ano desde o ámbito galego, e de noite, momento para a divulgación. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias