El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

Tomé Roca destaca o bo traballo dos produtores nunha nova edición da Feira do Queixo do Cebreiro

29-03-2024 20:41:03
José Tomé Roca (i).

REDACCIÓN | O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou na Feira do Queixo do Cebreiro que se celebrou este venres no concello da Montaña. O mandatario provincial puxo en valor o traballo e bo facer dos produtores, a veciñanza e o Concello de Pedrafita do Cebreiro na recuperación deste produto, agora recoñecido con Denominación de Orixe. 

Tomé Roca asistiu ao pregón que ofreceron representantes do CPI Uxío Novoneira, ademais de percorrer os postos que encheron a feira un ano máis con produtos moi diversos. Na xornada non faltou a música, o baile rexional e as degustacións culinarias. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias