El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

Luis Menor: "A Ribeira Sacra ten todos os requisitos para ser Patrimonio da Humanidade"

05-04-2024 16:43:33
Ribeira Sacra.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, expresa a súa satisfacción pola aprobación da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco, proposta aceptada por unanimidade esta mañá na reunión do Consello do Patrimonio Histórico Español. 

Luis Menor afirma que a Ribeira Sacra “ten todos os requisitos para ser Patrimonio da Humanidade e Ourense necesita destas oportunidades”, ao tempo que se mostra confiado en que “agora si vai chegar esta declaración”.  

Afirma ter constancia “do traballo ben feito polos responsables desta candidatura”, ao tempo que considera que a proposta da Ribeira Sacra para esta distinción sae moito máis reforzada que nas xestións realizadas no 2021.  

Se para Galicia é importante esta declaración, pois se sumaría ás catro distinción materiais e unha inmaterial, “para Ourense e a provincia sería magnífico contar cunha distinción destas características na parte do territorio que nos corresponde, tratándose dun dos xeodestinos preferidos polos visitantes”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias