El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación destina 124.000 euros para poñer en valor a contorna da Rapa das Bestas de Sabucedo

05-04-2024 17:47:57
Foto de archivo da Rapa das Bestas de Sabucedo.

REDACCIÓN | A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o convenio de colaboración co Concello da Estrada para a posta en valor do recurso ecosistémico da Rapa das Bestas, cun orzamento de 124.000 euros. Trátase, tal e como explicou o presidente da institución provincial Luis López,  de renaturalizar a carballeira do Campo do Medio de Sabucedo, unha iniciativa enmarcada no Plan de sostibilidade turística do destino Deza-Terra de Montes, que conta cun orzamento total de 2 millóns de euros dos fondos Next Generation.  

“Por vez primeira realizamos esta acción para apoiar unha das celebracións máis icónicas da provincia, unha experiencia 100% Rías Baixas e unha das festas máis senlleiras, declarada de interese turístico internacional”, remarcou Luis López. A través desta iniciativa vaise poñer en valor este recurso ecosistémico a carón do curro de Sabucedo, recuperando os valores ecolóxicos e creando un lugar que permita a visitantes e usuarios desfrutar da contorna todo o ano. Para elo vaise rexenerar a carballeira, cubrir as raíces das árbores, adecuar as pendentes para evitar escorrentías, repoñer valados de madeira, mellorar a zona de acampada e instalar un miradoiro no Curuto.  

A actuación enmárcase no Plan de sostibilidade turística do Destino Deza-Terra de Montes que, ademais da Estrada, inclúe tamén aos concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces e Forcarei. No caso da renaturalización da carballeira do Campo do Medio de Sabucedo, trátase dunha das prioridades do Concello da Estrada establecidas no proceso participativo levado a cabo para a redacción do plan. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias