El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación pon en marcha a iniciativa "8M, mes a mes"

06-04-2024 13:23:41
A campaña 8M, mes a mes.

REDACCIÓN | A Deputación de Ourense, a través da área de Igualdade, pon en marcha en abril a iniciativa “8M, mes a mes”, dedicada a dar visibilidade ás mulleres que desempeñan profesións altamente masculinizadas ao longo da historia.  

A finalidade non é outra que visibilizar a igualdade entre mulleres e homes durante todo o ano, “tomando como exemplo as vidas profesionais das mulleres en todos os ámbitos laborais”, explica a deputada de Igualdade, Teresa Barge.  

“8M, mes a mes”, comeza en abril dedicando este mes ás mulleres camioneiras e transportistas. Baixo o seu primeiro lema, “Rodando ante as adversidades”, personalízase en Cintia Piña Caride, natural de Parada de Amoeiro, que é camioneira e a primeira protagonista desta iniciativa provincial: “Estou moi agradecida aos compañeiros e compañeiras por non facer diferencia á hora de traballar como iguais e tamén agradezo á Deputación a súa iniciativa por visibilizar o labor que estamos a facer moitas mulleres nas nosas respectivas profesións”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias