El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Internacional

POLÍTICA | BNG

A Comisión de Peticións da Eurocámara debaterá a denuncia sobre a manipulación na CRTVG

08-04-2024 17:56:47
Ana Miranda (c), eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | Tras varios meses de retrasos, a petición presentada o pasado ano polo Comité Intercentros da CRTVG debaterase o martes na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo. “Queremos trasladar todo o noso apio desde o BNG e como eurodeputada galega contra a manipulación e contra o trato que reciben as traballadoras e traballadores”, subliña Ana Miranda.  

Así, o martes na Eurocámara falarase da manipulación existente na televisión e a radio públicas de Galiza e o incumprimento por parte do Goberno galego do Partido Popular da Directiva de Servizos de Comunicación Audiovisual, así como a falta dos principios de imparcialidade, pluralismo e non discriminación. En concreto, comparecerán dous representantes do comité de empresa para explicar os casos concretos de manipulación que se producen na CRTVG.  

Esta denuncia, presentada por traballadores e traballadoras do ente público galego, foi declarada admisible pola Comisión de Peticións no mes de setembro de 2023 e desde entón o PP manobrou en diversas ocasións para que non fose incluída na orde do día da Comisión, até que os servizos xurídicos do Parlamento Europeo deron a razón ao Bloque a través do grupo Verdes-Alianza Libre Europea para que se puidera tratar antes do fin do presente mandato. 

De feito, a eurodeputada do BNG denunciou en reiteradas ocasións as manobras realizadas polo PP, para vetar esta petición por puro partidismo, e pola presidenta desta Comisión, Dolors Montserrat, pola súa clara falta de imparcialidade, impropia da función que ten encomendada. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias