El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Besteiro, sobre o discurso de investidura de Rueda "Fáltalle proxecto e sóbralle hostilidade"

09-04-2024 14:05:55
Besteiro, no Parlamento.

REDACCIÓN | O portavoz do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou hoxe o “decepcionante” o discurso de investidura de Alfonso Rueda, que ve “máis propio da oposición ao goberno de España” que dun candidato a presidente da Xunta. Así o dixo logo da primeira sesión do debate de investidura que tivo lugar hoxe no Parlamento e que continuará o xoves coas intervencións dos grupos parlamentarios e a votación final. 

Besteiro lamentou que o candidato do PP “perdera unha enorme oportunidade” ao plantexar unha intervención “pouco ilusionante e pouco ambiciosa”, con 35 minutos de “ataque constante ao goberno de España” cunha actitude “pouco edificante” que replique á Lexislatura pasada. Lamentou a falla de asunción de responsabilidades dun candidato limitado a unha “relación hostil” co Estado e obviando aos concellos, aos que “acostuma invitar para que paguen eles”. 

Lamentou que a intervención de hoxe foi máis propia dun candidato a líder da oposición no Estado, centrado en atacar á administración central mentres limitaba o compromiso coa igualdade e contra a lacra da violencia de xénero a unha cita puntual. 

O responsable socialista advertiu que a intervención “non fai agardar un ambiente e unha política enriquecedora e construtiva”, e que ademais “non responde ao impulso político e ambición nin á blindaxe dos servizos públicos”, abocando aos galegos e galegas a catro anos de política continuísta. 

Advertiu que se demostrou incapaz de recoñecer grandes retos de país con cifras datos nin obxectivos para os próximos 4 anos, e que tampouco sinalou os proxectos industriais estratéxicos para Galicia. 

Besteiro dixo que as propostas de acordos anunciados polo candidato a presidente da Xunta resultan “pouco concretos”, e reivindicou unha “política activa” con “diálogo e convivencia” por exemplo en materia de enerxía. Reclamou alternativas ao “enredo xudicial” no que a ten sumida a xestión do goberno galego, porque “o inimigo non está fóra”, e lamentou que a Sociedade de Recursos Naturais estea “xa plantexada” e sen posibilidade de acordo para ser “reconfigurada”. 

Sinalou ademais que o candidato do PP evitou deliberadamente citar “nin unha soa” das competencias que Galicia “pode e debe” reclamar cando sexa convocada a Comisión de Transferencias. Explicou que os anunciados cambios na estrutura da Xunta que hoxe citou Rueda limítanse a “efectos puramente cosméticos” que carecen de “ningunha evolución sorprendente” e resumiu que a intervención do candidato resultou “moi decepcionante”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias