El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Teatro Colón acolle este venres a Gala dos Premios do Deporte da Deputación

09-04-2024 16:10:31
Foto de archivo dos Premios do Deporte da Deputación

REDACCIÓN | O Teatro Colón de A Coruña acolle este venres a II edición dos Premios do Deporte Deputación da Coruña, que serven como homenaxe e recoñecemento ao talento e ao esforzo dos mellores deportistas coruñeses. A gala, que estará conducida polo periodista Terio Carrera e amenizada por actuacións musicais e de humor, é de entrada libre e de balde ata completar aforo. 

Nesta edición, o xurado está presidido polo deputado de Deportes, Antonio Leira, e integrado por profesionais de referencia no campo da información deportiva como Paulo Alonso, responsable de Deportes de La Voz de Galicia; María Varela, periodista de Deportes de La Opinión de A Coruña; Fran Hermida, responsable de Deportes de Radio Coruña-SER; Leticia Chas, periodista de Cope Galicia e Patricia Rodríguez Juste, da TVG. 

Serán recoñecidas un total de 15 categorías e, ademais, o xurado resérvase o dereito de realizar ata catro mencións para aquelas persoas ou entidades que desenvolvan unha actuación no ámbito do deporte digna de destacar a nivel provincial. 

As diferentes categorías son as de mellor deportista masculino, mellor deportista feminina, mellor deportista veterano masculino, mellor deportista veterana feminina, mellor deportista promesa masculino, mellor deportista profesa feminina, mellor adestrador/a, mellor árbitro ou xuíz/a, mellor entidade colaboradora, mellor evento deportivo, mellor entidade na promoción do deporte da base, mellor entidade na promoción do deporte inclusivo e premio a toda unha vida dedicada ao deporte. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias