El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Plan Único da Deputación da Coruña inviste 100 millóns nos concellos da provincia en 2024

25-04-2024 17:13:31
Valentín González Formoso (i).

A CORUÑA | O Plan Único da Deputación da Coruña superará en abril os 100 millóns de euros, unha cifra récord que se destinará a financiar obras, gasto corrente, servizos públicos e iniciativas de carácter social nos 93 concellos da provincia. 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o vicepresidente, Xosé Regueira Varela, e a deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, Cristina García Rey, presentaron hoxe as novidades do POS+2024, que suma aos 50,5 millóns de euros que xa tiña consignados no orzamento inicial do 2024 outros 50 millóns de euros que se aprobarán no pleno de mañá venres no marco dun expediente de modificación de créditos. 

Formoso destacou o “cambio revolucionario” que supuxo o Plan Único na forma de facer política da institución provincial, xa que multiplicou por tres o investimento da Deputación nos concellos e deulles “total autonomía” á hora de decidir en qué invisten os fondos. 

“Xa non hai plans de piscinas ou de campos de fútbol de herba artificial que obrigaban aos concellos a facer estas infraestruturas, as necesitaran ou non, ou a perder os fondos. Hoxe os concellos da provincia poden decidir a que destinan os seus recursos da Deputación”, afirmou Valentín González Formoso, que destacou que o POS+ alcanzará en 2024 a “cifra record” de 100,5 millóns de euros para financiamento local. 

“Desde a súa creación en 2017, o Plan Único supuxo máis de 718 millóns de investimento nos concellos, máis de 4.000 obras e miles de servizos básicos que melloran a calidade de vida da cidadanía nos 93 concellos da provincia”, afirmou Formoso, que destacou ademáis que o plan “é un gran axente dinamizador da economía, que supuxo o mantemento de máis de 13.000 empregos na provincia”, subliñou. 

O presidente provincial contrapuxo este modelo co da Xunta de Galicia lembarando que “para todos os concellos de Galicia a Xunta destina 113 millóns de euros a través do Fondo de Cooperación Local, que leva conxelado unha década, mentres que a Deputación inviste máis de 100 millóns de euros só nos concellos da provincia da Coruña”.

“Queremos falar disto no momento en que tanto se fala de financiación autonómica, pero non se fala de abordar o reto da financiación local, dos concellos onde vivimos todos e todas”, polo que reclamou á Xunta que “dote dun financiamento adecuado aos municipios” para garantir a prestación dos servizos públicos, moitos deles competencias autonómicas que son dereivadas aos concellos sen dotalos de recursos económicos. 

O vicepresidente, Xosé Regueira, secundou que se trata dun “plan revolucionario” e que permite o financiamento da “maioría da obra pública dos concellos”. A financiación local, apuntou, “é a gran materia pendente do estado e, consicentes diso, dende a Deputación queremos apoiar aos nosos 93 concellos a través deste Plan Único que, ademais, asumen cada vez máis competencias”. 

Ademais, Regueira fixo tamén unha comparativa coa Xunta de Galicia, que conta “cun orzamento de 11.400 millóns, frente aos 200 que ten a Deputación”. Pola súa parte, a deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, sinalou que “a mellor parte vén cando estos cadros cheos de cifras se converten en realidades, en melloras na accesibilidade de rúas e espazos públicos, melloras de centros educativos e deportivos municipais, creación de xardíns e zonas verdes, obras de pavimentación, saneamento e abastecemento de auga en núcleos rurais ou novos sistemas de alumeado público” grazas a un plan que, ademais, “lles permite aos concellos soster servizos públicos básicos coma o alumeado público, a recollida de lixo ou a limpeza viaria”.  

“En definitiva”, engadiu, “é unha ferramenta mellora a vida da cidadanía en todos os concellos da provincia, pero especialmente naqueles máis pequenos, xa que para os 82 concellos de menos de 20.000 habitantes o importe recibido a través do POS pode supor desde un 5-10% do orzamento no caso dun concello mediano e até 20-30% para os máis pequenos”. 

O Plan Único supón unha das liñas estratéxicas do goberno da entidade provincial. “Somos conscientes da realidade que viven os nosos concellos e por iso continuamos a apostar por afortalar o Plan Único, e as cifras expostas que seguen a tendencia á suba dos últimos anos, son a mellor demostración do noso compromiso cos 93 concellos da provincia” concluíu García Rey.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias