El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación aproba as bases das axudas para financiar o equipamento de locais municipais destinados á mocidade, dotadas de 100.000 euros

26-04-2024 12:27:58
Xunta de Goberno.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou a aprobación en Xunta de Goberno das bases das axudas do novo programa “O teu espazo xuvenil”, presentado a comezos desta semana en Barro. Trátase, segundo explicou López, dunha liña de axudas “que estará dotada con 100.000 euros e permitirá aos concellos de menos de 20.000 habitantes a posibilidade de financiar o equipamento de locais municipais destinados á mocidade” co obxectivo de “seguir cumprindo o noso compromiso de situar a xuventude como clave na transformación da nosa provincia”. 

O presidente provincial detallou que cada concello poderá recibir un máximo de 1.500 euros, cantidade que se incrementará ata os 2.100 euros se se trata de municipios de reto demográfico (de menos de 5.000 habitantes ou cun maior índice de dispersión de poboación). Con estes recursos a Deputación poderá subvencionar desde a adquisición de equipamentos ata outro material inventariable que contribúa á mellora das dotacións e equipamentos dos locais que se destinan a uso xuvenil: mobiliario básico, equipamento de oficina, informático, acústico ou audiovisual, entre outros. En todo caso, os concellos deberán cofinanciar como mínimo o 20% do custo total do investimento. 

“O teu espazo xuvenil” busca promover a participación e o asociacionismo da xuventude da provincia e garantir as condicións necesarias para que poida desenvolver a súa vida no seu lugar de orixe. Os locais nos que se realicen as actuacións deberán ser de uso exclusivo para actividades desenvolvidas pola xuventude, malia que tamén poden ter usos compartidos sempre que o da xuventude sexa de xeito continuado (ao longo do ano e, mínimo, un día á semana). Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias