El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

O presidente da RAG invoca o compromiso da institución coa "identidade cultural" ao recoller a Medalla de Ouro de Galicia

Touriño dixo que se a Academia foi quen de chegar a un acordo sobre a normativa, os partidos farán o mesmo coa reforma do Estatuto

26-07-2006

O presidente da Real Academia de Galicia (RAG), Xosé Ramón Barreiro, invocou este martes o compromiso da institución coa "identidade cultural", coa lingua e cun país "libre e democrático" que asuma uns valores conciliables coa súa cultura. Barreiro, que recibiu este serán de mans do presidente da Xunta a Medalla de Ouro de Galicia, tivo un especial recordo e agrademento para a emigración, da que dixo que foi a que deu o impulso final para a creación da institución académica. O acto de entrega, no parque de San Domingos de Bonaval, estivo presidido polo titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quen sinalou que a entrega da medalla "expresa o recoñecemento de Galicia á traxectoria dunha das institucións "máis perseverantes, representantivas e valiosas". Dixo tamén Touriño que si a RAG foi quen de chegar a un acordo arredor da normativa lingüística, "mal será" que os partidos políticos non sexan capaces de ponerse de acordo sobre a reforma do Estatuto. Xosé Ramón Barreiro sinalou que foi, como en tantas outras cousas, Manuel Murguía, o primero en soñar cunha institución que normalizara á lingua e que acollera a poetas, escritores e artistas. Outra personalidade gozaba da xeral estimación para liderar o proxecto da Real Academia Galega, Emilia Pardo Bazán. Pero cada un deles repesentaba universos intelectuais e culturais distintos e, ao final, foi a emigración galega a que decidiu, mentres a intelectualidade percibiu que América non era xa só un espazo económico ao que se recorría por necesidade, senón que alí se estaba creando "un universo cultural étnico emocionalmente vinculado a Galicia". "Traballo e fidelidade" Barreiro sinalou que foron eles, en contacto permanentemente con Murguía, xa pretederminado para ser o primeiro presidente, os que marcaron as directrices da institución e os que elexiron a cidade da Coruña para a súa sede. Recordou o presidente da RAG as dificultades dos primeiros momentos, a dura proba do franquismo, que en diversas ocasións estivo a punto de clausurala. O resultado, dixo, son "cen anos de traballo e fidelidade a Galicia, pode parecer opouco, pero é o que temos". Xosé Ramón Barreiro sinalou tamén que a RAG seguirá a loitar pola construcción dunha Galicia "libre, democrática, laica e radicalmente galega, e que asuma os valores que sean conciliables coa sula cultura. Pola súa parte, o presidente da Xunta, expresou coa entrega da medalla o recoñecemento de Galicia á traxectoria dunhas das súas institucións "máis perseverentes, representativas e valiosas". Ademais, o mandatario galego dixo que si a Academia foi capaz de poñer de acordo a profesores, escritores, lingüístas e filólogos arredor da normativa, os partidos políticos terán que ser capaces tamén de poñerse de acordo sobre a reforma do Estatuto. Touriño avogou porque a reforma estatutaria conte co "concurso de todos", porque máis que un texto legal trátase de crear "unha forza centrípeta que non deixe a ningún galego á marxe deste proceso colectivo", sinalou.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias