El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Mesa pola Normalización Lingüística pídelle á Xunta que garanta que os partidos da liga de fútbol teñan o galego como primeira opción

25-08-2006

A Mesa pola Normalización Lingüística pediulle á Xunta que "tome as medidas oportunas" para que se garanta a emisión en galego dos partidos da liga de fútbol como primeira opción. A Sexta, que é a cadea que conseguiu os dereitos para retransmitir un partido semanal da liga en aberto, vai emitir os encontros en castelán pola vía analóxica e ofrecerá a posibilidade de escoller, de forma secundaria, outro idioma, como o galego, o vasco ou o catalán, pola vía dixital. Para a Mesa esta posibilidade resulta "insatisfactoria" porque as diferentes línguas non van estar en igualdade de condicións. Por este motivo remitíronlle un escrito ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para que a Secretaría Xeral de Comunicación e a de Política Lingüística garantan que os galegos teñan os mesmos dereitos de opción lingüística nos partidos da liga que os cataláns, que negociaron a retransmisión simultánea na súa lingua a través de TV3. O presidente da Mesa, Carlos Callón, pide na carta que ou ben se garanta a emisión en galego a través da Sexta ou ben se negocie con forza para que se emita o partido semanal pola TVG. Callón enviou outras dúas cartas á Sexta e á TVG. A primeira lémbralle "a dimensión cultural suplementaria que ten a emisión en galego dun partido de fútbol", xa que a lingua atravesa unha situación delicada. Por outro lado, indícalle que "sería proveitoso" que se ensaiasen estas emisións en multilingüe noutro espazos da cadea, como series e telefilmes, que "a TDT permite emitir sen maiores problemas técnicos".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias