El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Toledo Sande responderá mañán en Santiago á pregunta ?América, ¿cada vez máis latina??

O conselleiro cultural da Embaixada de Cuba participa no ciclo organizado polo Club Internacional de Prensa

13-10-2006

Tras o éxito da conferencia de Eduardo Galeano, o Club Internacional de Prensa de Galicia ofrece este venres, ás 8 da tarde no Salón de Actos da Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar 7, Santiago), a segunda das conferencias que integran o Ciclo ?América, cada vez máis latina?. Unha afirmación que o escritor cubano Luis Toledo Sande converte en pregunta, e así titula a súa conferencia. Luis Toledo comparte en España a súa faceta de escritor, coa institucional, como conselleiro de Cultura da Embaixada de Cuba. A partir dunha lectura crítica do concepto ou ?para maior precisión- dos con-ceptos de latinidade, a conferencia de Luis Toledo Sande explorará a historia e a actualidade americanas. Concéntrase, sen desgaxala do ámbito continental e planetario ó que pertence, e na que José Martí ?cunha profunda intelección historicista e afectiva- chamou a nosa América, rítulo asimilable, por extensión e afinidade, á América Latina e o Caribe. Na historia, e ata no nome de Améri-ca, están as pesquisas de procesos tan turbulentos e transformadores, como a conquista e a colonización practicadas por diferentes forzas europeas. Sobre todos estes conceptos disertará Luis Toledo Sande, quen ponderará o valor da herdanza latina para os pobos que, dende México ata a Patagonia ?abranguido o ámbito insular da rexión- tivérona entre os elementos básicos da súa resistencia fronte ós perigos que para eles ?como para outros- sigue re-presentando a voracidade da outra América, a anglosaxona, denominada por Martí con rótulos tan reveladores como a América europea e a Roma america-na. Pero advertirá tamén o conferenciante que nin o peso da herdanza latina para os pobos devanditos, nin o poderío dos Estados Unidos, deben alimentar prexuízos e manipulacións de signo dominador ou racista. Biografía Luis Toledo Sande naceu en Velasco, Holguín, Cuba, no 1950. É licenciado en Estu-dos Cubanos pola Universidade da Habana, e Doctorado en Ciencias Filolóxicas pola mesma institución. Entre os seus volumes publicados dentro e fóra de Cuba, ató-panse ?Precisa recordar? (conto), ?Flora cubana? (poesía), ?Tres narradores ago-nizantes? (crítica literaria), ?Libro de Laura y Claudia? (relatos e poemas), ?De raíz y memoria? (testimuña), ?Testículos? (volume epigramático que reúne ?Amo-rosos testículos?, publicado en 1991, e ?Infernales testículos?, non editado antes), ?De Cuba en el mundo? (ensaio) e varios acerca de José Martí. Entre estes últimos atópanse as coleccións de ensaios ?Ideología y práctica en José Martí y José Martí, con el remo de proa?, e a biografía ?Cesto de llamas?, que en Cuba recibíu o Premio da Crítica de Ciencias Sociales, e conta con outras edicións en español (unha delas en España), ademais de terse traducido ó inglés e ó chinés. Outros libros seus atópanse en proceso editorial. Tamén dentro e fóra de Cuba ten publicado numerosos textos de diversos xéneros en volumes colectivos e en publicacións seriadas. Prologou obras (algunhas con selección súa) de Luis Vélez de Guevara, José Martí, Miguel de Carrión, Jesús Castellanos, Car-los Loveira, Jorge Mañach e outros. Impartíu Conferencias e participou en foros litera-rios ou científicos, e en ciclos docentes, en Cuba, Venezuela, Nicaragua, República Dominicana, México, Costa Rica, Colombia, España, Italia, Yugoslavia, Checoslova-quia, India e China. De 1976 a 1977 desempexouse como redactor-editor na Editorial Arte e Literatura. Foi sucesivamente investigador, subdirector e director do Centro de Estudios Martianos dende a súa fundación en 1977 ata 1990. De 1990 a 1996 exerceu como profesor titular no Instituto Superior Peda-gógico (universidade) Enrique José Varona, tarefa compartida coa asesoría nacional, na dirección do Ministerio de Educación cubano, para a presencia do legado de José Martí nos planes de ensino nacioanis. A comezos de 1993, aínda vencellado ó mencionado Instituto Pedagóxico, em-pezou a desempeñar a xefatura de redacción da revista Casa de las Améri-cas, da que foi subdirector a partir de 1997 ata finais de 2005. Dende xaneiro de 2006 cumple a responsabilidade de Conselleiro Cultural na Ambaixada de Cuba en España.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias