El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

El Colexio de Xornalistas rexeita a xestión privada das delegacións da CRTVG

13-10-2006

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) amosou nun comunicado o seu rexeitamento ao "proceso de privatización" das delegacións da Compañía de Radio Televisión de Galicia (Crtvg). O Colexio alega que esta situación "é incompatible" coa función de servizo público do ente galego de radio e televisión. O colectivo de xornalistas solidarízase cos traballadores das delegacións da Crtvg, que reclaman "os mesmos dereitos" cós empregados da sede central de Santiago. O Goberno galego está "acelerando" o proceso privatizador que "iniciara o Partido Popular", co que "incumpre o seu compromiso electoral", afirma o Colexio. O CPXG denuncia que "non seu deu ningún paso para democratizar" a Crtvg. A maior parte das delegacións pertencen a "empresas que editan xornais galegos", polo que "compromete gravemente a independencia" destes medios respecto ó poder político e "distorsiona" as regras do xogo do sector mediático privado galego.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias