El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Nava Castro recibíu a unha representación dos pelegríns chegados dende Asís

24-07-2014 12:45:37

O día 2 de agosto de 2013 unha peregrinación colectiva partiu da cidade italiana de Asís para percorrer a distancia entre Asís e Compostela con motivo da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago. Esta peregrinación, que se desenvolveu en dez etapas estivo acompañada por actividades promocionais en distintas cidades da ruta. Hoxe, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez recibiu a unha representación dos peregrinos que participaron neste percorrido por etapas de 2.500 quilómetros. A representación estaba encabezada polo alcalde de Asís, Claudio Ricci e mais polo presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, Paolo Caucci von Saucken. A peregrinación chegou a Compostela na véspera da festividade do Apóstolo Santiago. Así, entre os días 2 e 8 de agosto a peregrinación percorreu a distancia entre Assisi e Siena. Entre os días 31 de agosto e 5 de setembro os peregrinos percorreron o camiño entre Siena e Lucca. A seguinte etapa entre Lucca e Xénova foi dende o 28 de setembro ao 5 de outubro. Dende Xénova a Bordighera a peregrinación percorreu as localidades de Arenzano, Savona, Finale ligure, Alassio, Diano Calderina e Arma di Tagia, entre os días 26 de outubro e 1 de novembro. Xa entre o 3 e o 16 de marzo a distancia percorrida foi dende Bordighera a Arles, dende onde partiu a seguinte etapa o 22 de marzo para chegar o 7 de abril a Toulouse. O 25 de abril a peregrinación partiu de Toulouse e percorreu o camiño ata Sangüesa, atravesando Isle Jourdain, Gimont, Auch, Montesqueiu, Marciac, Lahitte-Toupier, Tarasteix, Lourdes, Lestelle-Betharram, Arudy, Osse en Aspe, Col du Somport, Jaca, Arres e Ruesta. A etapa entre Sangüesa e Logroño percorreuse entre o 18 e o 21 de maio. Do 2 ao 6 de xuño os peregrinos camiñaron de Logroño ata Burgos. De alí a Villafranca camiñaron entre o día 21 de xuño e o 3 de xullo. A última etapa partiu o día 18 de Villafranca. Chegan hoxe a Santiago de Compostela, o día da festividade do Apóstolo no ano no que se conmemoran o oitocentos aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. Accións promocionais do destino GaliciaAlgunhas das localidades polas que atravesou esta peregrinación colectiva conmemorativa do VIII Centenario como Asís, Siena, Lucca ou Xénova acolleron accións promocionais do destino Galicia así como dos actos conmemorativos da efeméride. Tal foi o caso das exposicións Baixo o signo da Tau e da concha de vieira. De Asís a Compostela tras os pasos de San Francisco e mais Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago que puideron visitarse nalgunhas das cidades do percorrido. A mostra Baixo o signo da Tau e da concha de vieira. De Asís a Compostela tras os pasos de San Francisco está comisariada por Paolo Caucci von Saucken, presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e catedrático de Cultura Hispánica na Universidade de Perugia, que está considerado un dos maiores expertos mundiais nas peregrinacións xacobeas. A mostra Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago trátase dun audiovisual composto por 50 fotografías e unha música orixinal. A mostra Os franciscanos e o bo xantar na terra do Apóstolo xira en torno ao mundo dos viños e da gastronomía nos Camiños de Santiago e ao achegamento da Orde Franciscana a estas materias en Galicia. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias