El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Nacional

ACCIDENTE AÉREO

O Goberno Galego traslada as súas condolencias aos familiares dos fallecidos

24-03-2015 19:28:22

A Xunta de Galicia, a través do presidente do Goberno autonómico, trasladou hoxe en nome de todos os galegos as súas condolencias aos familiares e amigos dos falecidos hoxe no accidente do avión da compañía Germanwings nos Alpes que cubría a ruta entre Barcelona e Düsseldorf. 

Durante un acto na Estrada, Alberto Núñez Feijóo, tivo tamén palabras de recoñecemento para o labor de todos os profesionais que están a traballar na recuperación dos corpos. “A todos eles, que durante as próximas horas e días terán moito traballo, un recoñecemento moi especial ao seu labor”, aseverou. 

 Logo de facer referencia ao tráxico accidente de Angrois, Feijóo afirmou que “Galicia e os galegos sentímonos moi solidarios co pobo francés pero, moi especialmente, coas familias dos españois que perderon a vida”. Feijóo concluíu expresando o desexo de que as próximas novas aclaren cales foron as causas do accidente aéreo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias