El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

PSdeG

Besteiro: "O sistema sanitario público está en risco polo modelo privatizador do Partido popular”

26-03-2015 19:53:54

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que a declaración de onte no Parlamento do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando manifestou que a alternativa ao PP na sanidade é o réxime chavista, “é simplemente unha comparación obscena e falsa, eu non podo entrar a discutir en termos de racionalidade humana unha afirmación así”. 

 “Unha falsidade, por suposto que hai unha alternativa ao modelo privatizador do PP, tal e como pasa noutras comunidades autónomas e noutros países”, afirmou o líder dos socialistas galegos. “A evolución sanitaria en Galicia a coñecemos todos, temos máis listas de espera, colapso nas urxencias e unha quebra da equidade terapéutica”, apunta. 

“Todos os galegos deben ter a mesma resposta sanitaria, os cidadáns, independentemente de donde vivan, teñen que ter acceso á sanidade en igualdade de condicións”, asegura Besteiro, que lamenta que a día de hoxe a realidade sexa outra. “A resposta e a alternativa dos socialistas é clara, o facemos sempre que gobernamos, a sanidade está en risco e detrás dos problemas nos servizos públicos veñen outros problemas de previsión social, como vemos que está pasando nas pensións”, sostén. 

“O peto público das pensións tiña 60.000 millóns e agora pouco máis de 40.000 millóns, están reducindo de forma moi perigosa o colchón que da seguridade ao sistema e alguén do Goberno debería dar unha explicación á cidadanía”, engade o secretario xeral do PSdeG.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias