El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Sociedad

TURISMO

Galicia incrementou nos dous primeiros meses do ano a súa cifra de viaxeiros nun 8,8%

31-03-2015 20:33:32

egundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados no día de hoxe, no pasado mes de febreiro Galicia rexistrou un incremento do seu volume de viaxeiros do 6%, ata situarse nun total de 163.775. Así mesmo, as nosa comunidade incrementou tamén neste segundo mes as súas pernoitas nun 3,2%, contabilizando un total de 296.223. 

A nivel estatal melloraron os niveis de demanda regrada nunha porcentaxe similar á rexistrada na nosa comunidade, aumentando un 5,9% os viaxeiros e un 3,4% as pernoitas. Galicia sitúase así no ránking de viaxeiros nunha posición intermedia. En canto aos segmentos de mercado, tanto o mercado nacional como o internacional mantiveron unha tendencia positiva no mes de febreiro. 

O mercado nacional incrementouse nun 4,3% no que atinxe aos viaxeiros e nun 2,4% no tocante as pernoitas. Pola súa parte, o mercado internacional creceu nun 7,9% no tocante ás pernoitas mentres que os viaxeiros subiron un 18,6%. O número de viaxeiros internacionais neste mes -22.029- supón a cifra máis alta nun mes de febreiro dende os últimos anos. Deste xeito, o mercado internacional elevou o seu peso sobre o conxunto da demanda en 0,65 puntos ata situarse no 14,9%. 


Tipoloxías de establecementos 

No pasado mes de febreiro, o 93,5% da demanda turística regrada correspondeu aos establecementos hoteleiros, porcentaxe que inclúe tanto aos hoteis, que representaron o 77,2%, como ás pensións, co 16,3% neste caso. O 6,5% restante situouse no segmento extrahoteleiro, porcentaxe que neste caso reúne aos apartamentos turísticos, que representaron o 3,5% da demanda total, aos cámpings, co 0,1%, e aos establecementos de turismo rural, que supuxeron o 2,8% neste caso. 

A mellora dos niveis de demanda turística neste mes de febreiro produciuse tanto nos establecementos hoteleiros como nos extrahoteleiros. No segmento hoteleiro o incremento situouse no 1,4% mentres que no extrahoteleiro a mellora foi do 38,2% – porcentaxe que situouse no 53,2% no caso dos apartamentos turísticos, no 24% nos cámpings e no 33,2% no caso dos establecementos rurais. 

Destaca así o incremento rexistrado nos apartamentos turísticos que presentaron neste segundo mes do ano o mellor comportamento en termos relativos do conxunto da oferta regrada. En canto ás cifras de viaxeiros tiveron un comportamento similar, subindo en todas as modalidades de aloxamento –un 4,6% nos establecementos hoteleiros e un 36,1% nos extrahoteleiros-. 

En termos de ocupación rexistráronse neste segundo mes do ano incrementos xeneralizados que varían entre o medio punto e os tres puntos porcentuais. Os apartamentos turísticos presentaron tamén en termos de ocupación a evolución máis positiva, cunha suba de case tres puntos porcentuais. 


Primeiros dous meses deste ano 

Nos primeiros dous meses deste ano, Galicia acadou a cifra de 306.090 viaxeiros, o que supón un incremento do 8,8% con respecto ao mesmo período do pasado ano. O número de pernoitas incrementouse tamén, nun 2,9% neste caso, acadando a nosa comunidade as 558.111 noites. A nivel estatal observouse tamén unha mellora dos niveis de demanda. En concreto a cifra de viaxeiros aloxados subiu un 6,8% mentres que as pernoitas incrementáronse un 3,2%. 

Galicia sitúase así na quinta posición en termos de viaxeiros solo por detrás das comunidades de Asturias, Andalucía, Castela A Mancha e Madrid. Tanto o mercado nacional como o internacional mantiveron unha tendencia positiva, subindo o turismo nacional, un 1,6% no tocante as pernoitas e un 7,2% no que atinxe aos viaxeiros. 

O turismo internacional incrementou un 10,5% as súas pernoitas e un 20,4% os seus viaxeiros. O mercado internacional acadou grazas a esta mellora o mellor dato de viaxeiros dos últimos anos con case 43 mil viaxeiros. 

O incremento da demanda produciuse en todas as tipoloxías de aloxamento consideradas. No segmento hoteleiro o crecemento situouse no 1,6% e no extrahoteleiro a suba ascendeu ao 28,9%, rexistrándose en todas as tipoloxías de extrahoteleiro incrementos notables, entre o 25% e o 32%. 

En termos de ocupación observouse unha mellora xeneralizada de entre medio punto e dous puntos porcentuais. Os apartamentos turísticos presentaron a evolución máis positiva, cunha suba de preto de dous puntos porcentuais.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias