El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

PSdeG?

Besteiro: “Navantia ten que ser un motor económico para Ferrol e para Galicia"

01-04-2015 16:44:48

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Ferrol que “os socialistas de toda España temos o compromiso de formar unha gran alianza para potenciar o sector naval”, deixando atrás “catro anos de mentiras e falsas promesas”. O líder dos socialistas galegos, xunto á candidata á alcaldía de Ferrol, Beatriz Sestayo, mantivo hoxe unha reunión de traballo co comité de empresa de Navantia. 

“Despois de catro anos de maioría absoluta do PP, a vida cambiou para peor nesta cidade, non houbo liderazgo en temas estratéxicos como o naval”, manifestou Besteiro. “Os concellos teñen que liderar os proxectos de cidade e o traballo no naval foi deficitario nos últimos anos, os dirixentes do Partido Popular foron incapaces de converter en realidade as promesas de carga de traballo, que é mínima, non hai unha aposta decidida polos asteleiros públicos”, lamentou. 

 En opinión do secretario xeral do PSdeG, “Navantia ten que ser un motor económico para Ferrol e para Galicia, os socialistas somos a alternativa real de goberno e as cousas cambiarán a partir do 24 de maio”. “A xestión negativa da dirección dos asteleiros públicos, nomeada por políticos do PP, só provocou anuncios e promesas, pero a cidadanía xa non cre, está decepcionada”, afirmou Besteiro, que confirmou a participación dos socialistas na mobilización en defensa do sector naval de Ferrol. 

“Todo o PSOE está sensibilizado co sector naval, que será importante no noso programa electoral para impulsar a reindustrialización dunha comarca como a de Ferrol”, asegurou. Pola súa parte, Beatriz Sestayo confirmou a presenza socialista na mobilización do 10 de maio para defender un sector naval “que é estratéxico pero está completamente abandonado e castigado polo PP”, que lembrou que gobernou en Ferrol, na Deputación de A Coruña, na Xunta de Galicia e no Estado, e que polo tanto “non ten escusas para desmantelar o naval”. 

 Fronte a falta de resposta e os anuncios de remolcadores ou quimiqueiros feitos pola Xunta e o PP que nunca se cumpliron, Sestayo amosou o seu “compromiso absoluto” coas demandas dos traballadores do naval para que dende o concello, co futuro goberno socialista, “Ferrol lidere as esixencias de carga de traballo dende o minuto un, non hai tempo que perder e Ferrol terá un goberno decidido en apostar por este sector estratéxico”. 

“Traballamos tamén para desmontar as mentiras do PP, Feijóo dicía no Parlamento que en Ferrol se constrúen remolcadores, ese é o desprezo do PP e da dereita ós traballadores e a Ferrol, o invitamos a que se atreva a vir ós asteleiros a dicilo”, remarcou Sestayo. 

O compromiso do Partido Socialista de Ferrol coa defensa do sector naval queda patente xa na confección da lista electoral, na que o número 2 é o empresario do sector naval Felipe Sas, e na elaboración dun programa que incluirá a constitución dunha Axencia Local e de Industria que posibilitará a defensa do naval na comarca.    

Na reunión de hoxe participaron os representantes dos Comités de Empresa de Navantia Ferrol e Fene, que demandaron o apoio á mobilización comarcal convocada polos traballadores como unha “nova expression multitudinaria da cidadanía en defense do traballo”, segundo puntualizou Ignacio Naveiras, portavoz do Comité en Ferrol. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias