El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

PSdeG

Besteiro: "O PSOE é o cambio cara a confianza; somos un valor seguro"

12-04-2015 19:55:31

O secretario xeral do PsdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou esta mañá en Madrid que o partido sae “con ansias renovadas” da Conferencia Municipal celebrada esta fin de semana. “Refórzanos moitísimo, sitúanos no papel da centralidade que ocupa o PSOE, e os cidadáns están percibindo pouco a pouco que a resposta segura e solvente para o cambio vén da man dos socialistas”, asegurou. 

“Somos o cambio cara a confianza, cara a seguridade e a sostibilidade dos concellos, os socialistas somos un valor seguro”. Gómez Besteiro destacou o traballo realizado durante estas xornadas para artellar propostas “de sostibilidade dos concellos, de transparencia, de bo goberno local e poíticas de servizos públicos”, sempre coa fin de “atender o que necesitan os cidadáns”. 

O líder dos socialistas galegos resaltou que “os gobernos socialistas son os mellor xestionados”, e puxo como exemplo en Galicia a Deputación de Lugo ou o Concello de Vigo, xa que ambas institucións acabarán o actual mandato con débeda cero sen renunciar ás políticas sociais e a proxectos para as persoas. 

De feito, iniciativas pioneiras como os orzamentos participativos implantados na Deputación de Lugo foron incorporadas esta fin de semana ao programa do partido para as institucións locais de toda España Máis de medio centenar de candidatos e representantes das listas para as municipais de Galicia estiveron esta fin de semana na Conferencia do PSOE en Madrid, xunto co secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, e a secretaria de Organización, Pilar Cancela. Varios deles protagonizaron intervencións nas xornadas. 

É o caso de Abel Caballero, alcalde de Vigo e representante do partido na FEMP, que falou da xestión municipal en Vigo na inauguración como outra forma de facer política, ou de Mar Barcón, que presentou o seu proxecto para a cidade no foro de grandes cidades cunha proposta enfocada aos nenos que tivo unha moi boa acollida. Alberto Varela, candidato de Vilagarcía, presentou as propostas municipais do partido xunto con compañeiros de toda España. 

Carmela Silva, nas xornadas sobre igualdade, ou Josefa Hermo, secretaria de formación da Executiva galega e candidata en Porto do Son, que participou nos talleres de Comunicación Política, foron outros dos asistentes, xunto con outros candidatos ou candidatas como Beatriz Sestayo ou José Ángel Vázquez Barquero, que aspiran ás alcaldías de Ferrol e Ourense.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias