El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

A Xunta convoca 344 prazas no Sergas

16-04-2015 22:56:17

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe tras o Consello a convocatoria de 344 prazas na OPE do Sergas para 2015, polo que preto de 5.000 profesionais sanitarios terán consolidado o seu posto de traballo desde 2009. 

 No que se refire a persoal licenciado sanitario: 72 prazas correspóndense a facultativos especialistas de área de ata 16 especialidades; 42 médicos de familia de atención primaria; 6 médicos coordinadores e 2 médicos asistenciais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061; e 4 odontólogos de atención primaria. 

En canto a persoal diplomado sanitario e de formación profesional, 80 prazas son de persoal de enfermaría; 6 de matronas; 6 de fisioterapeutas; 60 de auxiliares de enfermería; e 26 de técnico de farmacia. E, respecto ao persoal de xestión e servizos ofértanse: 7 prazas de grupo técnico da función administrativa; 19 de persoal técnico superior en prevención de riscos laborais; 3 de técnicos de xestión e 5 técnicos especialistas de sistemas e tecnoloxías da información; e 6 traballadores sociais. 

 Durante a rolda de prensa, Feijóo precisou tamén que as prazas de médico de familia de atención primaria e de persoal de enfermaría acumularanse á oferta do ano 2013, o que permitirá convocar 82 prazas de médico de familia de atención primaria e 205 de persoal de enfermaría. 

Así mesmo, cómpre salientar que con carácter xeral, o 50% das que se convoquen en cada categoría reservaranse para a súa provisión polo sistema de promoción interna. E, reservaranse unha cota non inferior ao 5% do total das vacantes ofertadas para ser cubertas entre persoas con discapacidade. O titular da Xunta concluíu incidindo en que desde 2009 e contando xa esta OPE de 2015, serán preto de 5.000 os profesionais sanitarios os que terán consolidado o seu posto de traballo con vínculo de fixeza.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias