El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Nacional

PSdeG

Besteiro: "O partido socialista será protagonista de referencia do cambio de ciclo en Galicia e España"

25-05-2015 20:25:22

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou esta tarde en Madrid que “o Partido Socialista será protagonista de referencia e columna vertebral do cambio de ciclo político en Galicia e en España”.   

O líder dos socialistas galegosasistiu á reunión da Executiva Federal do PSOE en Madrid e lembrou, en declaraciónsaos medios de comunicación, que “o apoio para os socialistas en Galicia foi 1,5 puntos superior ao do resto de España e Núñez Feijóorecibe por segundo vez nun ano un duro colectivo electoral”.   

“A recuperación do voto para os socialistas é evidente, así como o desplome absoluto do Partido Popular de Núñez Feijóo e Mariano Rajoy, que amosaronunhainsensibilidade e irresponsabilidadecoscidadáns que pagaron ontenas urnas”, apuntou.   

“Haioutra forma de facer política, os socialistas temos as cousas claras e sabemos que é moi necesario neste momento conectar mellorcoscidadáns e gobernar para a maioría, o cambio de ciclo xachegou”, afirmou Gómez Besteiro.   

“A caída da presencia institucional do PP de Feijóo en concellos e deputaciónsreflicte que os cidadáns non queren esa forma de gobernar e de facer política, os socialistas seremos fundamentais para o cambio que pide este país”; engadiu o secretario xeral do PSdeG.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias