El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Economí­a

TURISMO INTERNACIONAL

O gasto en Galicia superou en maio os 100 millóns de euros

26-06-2015 18:26:30

O gasto total do turismo internacional na comunidade galega medrou o pasado mes de maio un 36% en relación ao mesmo mes do ano anterior, segundo os últimos datos da enquisa EGATUR, do Instituto de Turismo de España, que recolle as cifras relativas ao gasto que realizan en Galicia os visitantes non residentes no noso país. Galicia presenta así o cuarto maior incremento a nivel estatal, so por detrás das comunidades de Aragón, Castela e León e País Vasco.    Segundo esta enquisa, o gasto total que realizaron os turistas estranxeiros que visitaron Galicia neste maio de 2015 foi de 101.160.998 euros. O gasto medio por persoa tamén creceu no quinto mes deste ano cunha suba do 13%, superando os 1.000 euros.   Estes datos tan positivos son consecuencia do incremento do volume de turistas internacionais rexistrado na nosa comunidade, que creceron un 20% neste mes.   Acumulado do ano En canto ao acumulado do ano, tamén incrementouse o gasto total do turismo internacional en Galicia, cunha suba neste caso do 5,2%, en relación ao mesmo período do pasado ano. Os turistas internacionais que chegaron a nosa comunidade neste cinco primeiros meses do ano realizaron un gasto total de preto de 300 millóns de euros -292.909.238€-.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias