El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Medio Ambiente iniciará en breve os traballos de protección das praias de Barra e Nerga

27-06-2015 23:28:21

A Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, iniciará nos vindeiros días traballos de protección dos sistemas dunares das praias de Barra e Nerga, no Concello de Cangas, co fin de garantir a súa conservación.   

O sistema proposto pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza é a instalación dun valado composto de postes de madeira e arame que evite o paso indiscriminado dos visitantes pola fronte dunar, pero permitindo ao mesmo tempo o libre acceso dos usuarios da praia.    

A actuación que se pretende levar a cabo está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013. Nos últimos anos véñense producindo no litoral de Galicia unha serie de acontecementos climáticos, con frecuentes e fortes borrascas e importantes variacións no nivel do mar, que teñen afectado a práctica totalidade dos hábitats de interese comunitario.   

Paralelamente a esta perda dos hábitats, os visitantes e usuarios das praias invaden estes terreos erosionados, mesmo de forma lúdica, acelerando o proceso de erosión. Neste sentido, dende o Goberno galego considérase imprescindible tomar medidas o máis axiña posible para reforzar os valados de protección alí onde os procesos erosivos tiveron maior impacto nos hábitats dunares.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias