El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A CORUÑA

Abanca comprométese a estudar a cesión de vivendas para axudar a persoas en risco de exclusión social

02-07-2015 00:00:03
Xulio Ferreiro e Juan Carlos Escotet.

A Coruña.- O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse este mércores no seu despacho de María Pita co propietario do grupo Banesco e vicepresidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, así como co presidente da entidade, Javier Etcheverría, e o seu conselleiro delegado,Francisco Botas. A xuntanza, que se desenvolveu nun clima cordial, serviu para que o rexedor conseguise o compromiso por parte da financeira de estudar a cesión ao Concello de vivendas baleiras do seu parque na cidade para “cubrir as necesidades habitacionais de xente que quedou sen fogar ou de persoas en risco de exclusión social”.

Segundo Ferreiro explicou ante os medios unha vez finalizada a reunión, a dirección de Abanca comprometeuse a colaborar neste sentido “e seguir falando nas próximas datas”. A entidade asegurou que en breve remitirá un censo co número de vivendas que serán susceptibles de ser empregadas nesta colaboración,que podería servir para axudar aos colectivos que afrontan maiores dificultades, na liña de darlle prioridade á axenda social que se marcou o novo goberno municipal.

O alcalde coruñés valorou de xeito positivo os primeiros avances que deixou o encontro. “Desde Abanca foron receptivos antes as nosas demandas, e comprenden o papel que, tamén nós pensamos, os bancos deben ter coa sociedade”, indicou. “Dixéronnos que manterán a súa liña de non levar a cabo desafiuzamentos e tamén falamos de que os servizos sociais do Concello e os seus servizos xurídicos e de Responsabilidade Social teñan unha relación fluída para que poidan colaborar nocaso de que se detecten temas de exclusión social e poidamos actuar”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias