El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

HOMENAXE DO 2016

O Concello congratúlase co recoñecemento a Manuel María

04-07-2015 21:29:28

O Concello da Coruña quere amosar a súa satisfacción polo anuncio feito hoxe pola Real Academia Galega (RAG) de homenaxear na edición de 2016 do Día das Letras Galegasao poeta, narrador e dramaturgo Manuel María, figura destacada da nosa literatura e coruñés de adopción.

Desde o consistorio da Coruña lémbrase a íntima relación que mantivo o poeta lugués coa cidade na que pasou os últimos anos da súa vida? na que organizou célebres tertulias na Rúa Real? na que foi homenaxeado por toda Galicia cun acto no Teatro Rosalía de Castro? na que chegou a prestar a súa voz a unha banda de rock local e na que faleceu en 2004.

O Concello da Coruña considera que a mestura da homenaxe a Manuel María o 17 de maio e do Centenario da fundación na cidade das Irmandades da Fala converterán A Coruña no epicentro da cultura galega en 2016? tarefa que debe asumir desde a cooperación, a participación, o respecto á memoria e tamén o impulsomodernizador que sempre foi sinal de identidade coruñesa.

Por último, o Concello da Coruña quere destacar o compromiso que Manuel María amosou na súa vida e obra coas xentes do común e as e os de abaixo e tamén felicitar polo anuncio coñecido hoxe a familia e amizades do escritor, así como á Real Academia Galega.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias