El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A CORUÑA

O Noroeste convoca unha selección de bandas locais para participar no festival

13-07-2015 16:21:17

O Concello da Coruña convoca ás bandas locais para participar dentro da programación musical do Noroeste 2015, dentro da súa aposta firme por potenciar a riqueza cultural da cidade.

Todas as bandas que desexen participar na selección deberán presentar a súa candidatura segundo o formulario que pode descargarse xa desde a web municipal www.coruna.es. O prazo de presentación pecharase o venres 17 de xullo ás 14.00 horas, momento no que se reunirá o xurado, formado por representantes dos programadores musicais da cidade e técnicos municipais, para seleccionar as 10 bandas participantes conforme aos seguintes criterios de puntuación:

1º Calidade dos temas presentados

2º Calidade das actuacións dos vídeos

3º Traxectoria da banda

4º Discografía editada 

5º Proxección da banda cara a fóra da cidade

6º Estética da banda

As bandas seleccionadas pasarán a formar parte do cartel do Noroeste 2015 na súa programación estendida –do luns 3 ao mércores 5cun custo de entre 1500 e 150€ por banda segundo a súa puntuación acadada.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias