El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Economí­a

EN XUÑO

O gasto do turismo internacional medrou un 14,1%

27-07-2015 20:46:17

O gasto total do turismo internacional na comunidade galega medrou o pasado mes de xuño un 14,1% en relación ao mesmo mes do ano anterior, segundo os últimos datos da enquisa EGATUR, do Instituto de Turismo de España, que recolle as cifras relativas ao gasto que realizan en Galicia os visitantes non residentes no noso país.   

Galicia presenta así o cuarto maior incremento a nivel estatal, so por detrás das comunidades de Castela A Mancha, Castela e León e Aragón.   Segundo esta enquisa, o gasto total que realizaron os turistas estranxeiros que visitaron Galicia neste xuño de 2015 foi de 90.373.561 euros.   

O gasto medio por persoa tamén creceu no sexto mes deste ano cunha suba do 2,8%, acadando case os 934 euros.   Tamén creceu no mes de xuño o gasto medio por persoa e día en relación ao mesmo mes do pasado ano nun 8,4%, superando os 103 euros.   

Estes datos tan positivos son consecuencia do incremento do volume de turistas internacionais rexistrado na nosa comunidade, que creceron un 11% neste mes e o maior gasto medio por persoa na viaxe   


Primeiro semestre do ano 

En canto ao primeiro semestre do ano, tamén incrementouse o gasto total do turismo internacional en Galicia, cunha suba neste caso do 7,1%, en relación ao mesmo período do pasado ano.   Os turistas internacionais que chegaron a nosa comunidade neste seis primeiros meses do ano realizaron un gasto total de máis de 383 millóns de euros -383.282.799€-.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias