El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

DESTINO RÍO 2016

A Fundación Deporte Galego concede axudas a 155 deportistas de 27 modalidades

30-07-2015 13:31:17

A Fundación Deporte Galego acaba de resolver a segunda fase das axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, baixo a denominación de Axudas Destino Río – Axudas DGAN.    

Esta convocatoria enmárcase no habitual Plan de axudas á preparación de deportistas galegos/as de alto nivel, e á vez ten en conta que 2014 e 2015 son anos previos aos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Río 2016. 

Por esta singularidade e co fin de optimizar as axudas de xeito que sexan o máis operativas e beneficiosas para os/as deportistas destinatarios/as, este ano estableceuse unha convocatoria en dúas fases, sendo a primeira a que se resolveu no pasado decembro e a segunda esta que se resolve agora.  

Das 155 axudas concedidas, 35 correspóndese a axudas Destino Río 2016, dotadas cada unha delas con 3.000 euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias