El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

EDUCACIÓN

Ramón Vázquez: "A entrada desta lei provocará aínda máis caos ao comezo do novo curso"

18-08-2015 18:48:45

Se ben o ensino público non fora suficientemente degradado nestes últimos anos polo goberno do PP, o peor aínda chegará nos próximos días coa inminente entrada en vigor da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), “a única lei educativa que contou co voto en contra no Congreso de todos os demais grupos políticos”, explica Ramón Vázquez, deputado de AGE e membro da dirección de Esquerda Unida.   

Neste senso, Vázquez lamenta que “a falta de apoio no Parlamento cando se aprobou esta contrarreforma e o amplo rexeitamento mostrado por todos os sectores da comunidade educativa non conseguisen paralizar unha lei que busca seleccionar futuras elites dirixentes, desprezando e segregando a aquel alumnado que máis apoio educativo precisa”. 

Tal e como vén anunciando Vázquez, “a Consellería de Educación votou o peche por vacacións sen ter resolto os principais problemas da comunidade educativa e que nestes momentos teñen profundamente preocupada ás familias. Concretamente, a entrada desta lei provocará aínda máis caos ao comezo do novo curso en colexios e institutos, co consecuente prexuízo para pais e nais, profesorado e alumnado”.         

Ramón Vázquez destaca que “ademais da aplicación incoherente da LOMCE, hai que sumar outro despropósito do goberno galego: aproveitar o verán para pechar escolas no rural. Para o curso 2015-2016 o alumnado galego e os pais e nais atoparanse cunha redución de medios na educación pública que deixará trece escolas, 82 aulas e 122 prazas de profesorado menos no rural. Ao mesmo tempo, segundo a nova orde de concertos educativos publicada onte no Diario Oficial de Galicia, se incrementaron preto de 30 aulas concertadas, alcanzando este curso as 3853 aulas privadas que son xestionadas con diñeiro público”.   

Fronte ao desmantelamento sistemático da educación por parte do PP, Esquerda Unida leva dende 1986 defendendo tanto na rúa coa comunidade educativa como nas institucións e o Parlamento, unha educación pública, universal e gratuíta; base dunha sociedade máis xusta formada por unha cidadanía libre e crítica.   

Na actualidade, xunto coa comunidade educativa, movementos sociais, sindicatos, especialistas en educación, mareas verdes e formacións políticas dende Esquerda Unida traballamos para a construción colectiva dun novo modelo educativo. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias