El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

19,3 millóns de euros en axudas a autónomos e emprendedores

19-08-2015 19:00:41

A directora xeral de Traballo e Benestar, Carmen Bouso, avanzou este mércores que a Administración galega, baixo o paraugas da Unión Europea, investirá este ano un total de 19,3 millóns de euros en axudas a autónomos e emprendedores, a través do 'Programa de Promoción do Emprego Autónomo' 2015.

Tal como recollen dúas ordes publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG), a Xunta subvencionará as altas como autónomos que se formalizaron entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro, informou a directora xeral. O prazo de presentación comprende dende o día 20 de agosto ata o 19 de setembro.

En rolda de prensa, Bouso explicou que o departamento autonómico asignará 17 millóns en axudas para os traballadores autónomos ou por conta propia e 2,3 millóns para subvencionar mozos emprendedores. En canto ás axudas a autónomos, irán dende os 5.000 euros para persoas en réxime xeral ou desempregadas, 8.000 euros para persoas con minusvalidez ou en risco de exclusión e 10.000 para as mulleres que reúnen as anteriores características.

Sobre a posta en marcha de incitativas xuvenís, a contía das axudas será de 1.200 euros para a promoción de autoemprego.Por outra parte, a novidade deste programa son os 2,3 millóns destinados a subvencións dedicadas aos mozos menores de 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.Concretamente, a directora xeral informou de que as axudas para persoas en réxime xeral será de 7.500 euros, para as mulleres desempregadas de 8.000 e de 10.000 para persoas con minusvalía e risco en exclusión.

De acordo con Bouso, o Fondo Social Europeo faise responsable do 91,89% do financiamento destas axudas para "o desenvolvemento""dos proxectos empresariais" dos mozos, que non teñen por qué ser naturais de Galicia, senón cidadáns europeos.

Así, o financiamento total que a Consellería de Traballo e Benestar destina a este concepto este ano supón un incremento do 26%, fronte aos 15,3 millóns investidos o ano anterior. Esta cifra "blinda os presupostos" da Administración galega en materia de autoemprego, emprendemiento e economía social. laregion





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias