El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA

Esquerda Unida critica a reducción de gasto sanitario en Galicia

20-08-2015 19:02:17

O Consello Económico e Social (CES) alerta na súa Memoria Socioeconómica e Laboral dunha importante redución do gasto sanitario en Galicia, unha comunidade que, segundo este organismo, leva cinco anos consecutivos cunha caída no orzamento sanitario.   

Estes datos non sorprenden á deputada de AGE e membro da dirección de Esquerda Unida, Eva Solla, que explica: “O peche de máis dun milleiro de camas este verán, a negación de medicinas aos enfermos (Hepatite C), a dura situación das residencias da terceira idade... son exemplos dunhas políticas de recortes que deixan ver como a destrución da sanidade pública, universal e gratuíta segue a ser un dos obxectivos prioritarios de Alberto Núñez Feijóo”. Para Eva Solla, “as políticas de recortes deixan situacións moi difíciles para as persoas que agardan por unha intervención e mostran o máis forte desprezo aos pacientes afectados que financian cos seus impostos un sistema sanitario público; o que é vergoñento”. 

Neste senso, AGE xa presentou diversas iniciativas no Parlamento para que a Xunta explique este tipo de decisións e teña en conta as demandas dos profesionais e sindicatos e plataformas sanitarias co fin de non e paralizar a actividade asistencial nos hospitais.       

Non entanto, tal e como denuncia a deputada, “a política sanitaria da Xunta, en troques de mellorar os centros hospitalarios e de saúde, onde está a pechar camas, prefire mercar camións para operar neles. Previa privatización e entrega a Ferrovial do Hospital de Ourense, dixeron que tiñan que pechar camas porque hai menos intervencións cirúrxicas”, critica.   

Segundo Solla, “todos estes feitos deixan en evidencia a folla de ruta marcada polo goberno galego: entregar as empresas privadas o sistema sanitario público para que podan facer negocio a costa da saúde da cidadanía”.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias