El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

Barreras construirá outro flotel

29-09-2015 20:59:36

O presidente da Xunta defendeu esta tarde a capacidade e o crédito do naval galego para seguir construíndo barcos con maior intensidade e destacou que, tras as dificultades polas que atravesou esta industria, hai motivos para sentirnos orgullosos porque “Vigo gañou e Galicia gañou” coa botadura do flotel Reforma Pemex, construído nos estaleiros Hijos de J. Barreras de Vigo, que é segundo buque que esta petroleira constrúe en Galicia.   

Feijóo recordou que este é un dos barcos máis grandes construído na ría de Vigo e que supuxo gañar máis carga de traballo para as 800 familias que dependen deste estaleiro e para a industria auxiliar. Este flotel demostra que os estaleiros vigueses seguen en plena sintonía coas necesidades do mercado naval actual e representa a reconstrución das expectativas do naval en Galicia, segundo indicou.   

O presidente galego afirmou que o novo escenario económico fai posible que na actualidade o naval galego teña contratos en vigor por valor de 1.800 millóns de euros. Isto é tamén un bo indicativo de que a confianza volveu aos estaleiros grazas fundamentalmente a tres factores: ao esforzo do sector; ao compromiso do Goberno galego, “que sempre traballou e seguirá traballando por un sector que era, é, e queremos que siga sendo estratéxico”; e finalmente á aposta que fixo a multinacional Pemex, da que afirmou que “cumpriu e está cumprindo o seu compromiso con Galicia”.   

Fejóo expresou o seu agradecemento e, nesta liña, enxalzou a capacidade da industria naval galega para facer barcos conforme ás prescricións técnicas pactadas, con calidade contrastada, con seguridade e no prazo pactado.   

Por último, o presidente da Xunta incidiu en que cada posibilidade que se abre a favor dunha industria naval eficiente e avanzada como a nosa é unha vitoria para Galicia, pois, segundo dixo, “dá un novo impulso á nosa vocación de tecer lazos con outros pobos, de internacionalizarnos”.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias