El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

Besteiro: "O Partido Popular de Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo"

30-09-2015 20:43:48

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Santiago que “o Partido Popular de Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo xa non é garantía nin sequera para os votantes de dereitas, como quedou patente en Cataluña”.   

En rolda de prensa tras a reunión da Executiva Nacional do PSdeG, Besteiro lembrou que “os socialistas defendimos antes, durante e despois da campaña en Cataluña un espazo de diálogo e unha reforma constitucional para adecuar a realidade territorial á España do século XXI”.   
“No Consello de Política Federal celebrado onte en Madrid, os socialistas de toda España reiteramos unha vez máis que plantexamos esta solución, esta saída, que xa quedara fixada na Declaración de Granada do ano 2013, polo que é evidente a nosa coherencia”, explicou.   

“O resultado para o PP en Cataluña é claro, deberían tomar nota como di o señor Aznar, xa que cando un goberna debe asumir responsabilidades, todo o contrario do que fan Rajoy en Madrid e Feijóo aquí en Galicia; os socialistas falamos con todos, representamos a oferta política máis central e gobernamos sempre co obxectivo da solidariedade”, engadiu.   

Na Executiva falouse tamén do proceso de elaboración das listas para as eleccións xenerais. “Recibimos as propostas dos comités provinciais e a última decisión correspóndelle ao Comité Federal de outubro”, manifestou o secretario xeral dos socialistas galegos.   

Por último, o líder do PSdeG asegurou que “o réxime de incompatibilidades do partido non se discute, é unha posición de non retorno”, antes de apuntar á próxima disolución das Cortes como data para o seu cumprimento, “coincidindo co cambio de ciclo político”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias