El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Nacional

Besteiro: "Feijóo eméndase a si mesmo no tempo de desconto do seu mandato"

04-10-2015 20:58:43

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, afirma sobre a crise de goberno que abre Feijóo que “destitúe a conselleira Mosquera e admite o fracaso da súa xestión sanitaria e do seu goberno ao completo”, o que en realidade evidencia que “se emenda a si mesmo no que xa é o tempo de desconto do seu mandato”.   

Besteiro lamenta que “na grave situación que vive Galicia, co estancamento dos seus sectores produtivos e sen ningún proxecto de futuro”, Feijóo lidere “un goberno en crise que deixa un país en crise”, despois de “non ter sido capaz de reaccionar en sete anos de mandato”. Para Besteiro, a crise de goberno anunciada evidencia tamén o recoñecemento da incapacidade da Xunta e a inacción en consellerías como a de Medio Ambiente e Infraestruturas ou as dos sectores primarios.   

Por outra banda, critica que “os galegos teñan que pagar a irresponsabilidade de Feijóo, que quixo vender una falsa austeridade reducindo o número de consellerías para ter que admitir sete anos despois que era una medida ineficaz”. Besteiro destaca tamén que Feijóo “aproveita a destitución de Mosquera para colocar aos seus que fracasaron nas municipais”, como é o caso do ex alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias