El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

EN 2017

A Coruña acollerá o XXXVIII Congreso da Asociación Española de Endodoncia

08-10-2015 15:58:36

A cidade será sede, en novembro de 2017, do XXXVIII Congreso da Asociación Española de Endodoncia (AEDE), un encontro que reunirá a 800 profesionais da área sanitaria e cuxa confirmación, tal e como salientou na mañá deste xoves o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, “é froito da colaboración do Concello co sector turístico privado da Coruña”. 

Neste sentido, o responsable municipal amosou hoxe a súa satisfacción pola consecución deste evento, e subliñou que “A Coruña é unha das cidades de referencia dentro do mapa dos destinos do turismo congresual no Estado español”, e agradeceu ao doutor Juan Manuel Liñares Sixto o seu traballo para que este se leve a cabo.

O concelleiro de Emprego e Economía Social tamén informou hoxe dalgunhas das campañas de dinamización do comercio local e a hostalería que está a desenvolver o seu departamento, como é aque o Concello ten previsto levar a cabo con motivo da festa do Samaín entre os días 19 e 30 deste mes de outubro en comercios e centros de ensino da cidade, que onte abriu o prazo para inscribirse nas actividades desta primeira edición. 

A campaña está enfocada aos nenos e nenas e as súas familias, e nela participarán 12 centros escolares da cidade. O Concello organizará visitas entre os rapaces e rapazas de cada barrio polos negocios da súa zona para dar a coñecer o comercio local nun contexto festivo no que se misturará a tradición do Samaín, co Halloween e os magostos. 

Haberá tamén un concurso de escaparatismo, con premios de 300 euros en cada unha das 12 zonas comerciais establecidas, e un concurso de Vales de Compra, que repartirá 900 euros en vales para a clientela do comercio de proximidade da cidade. Os establecementos, asociados ou non, que o desexen poderán inscribirse, ou ben a través da súa asociación se a teñen, ou directamente mandando un mail cos seus datos antes do 15 de outubro participa@samaincoruna.com.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias