El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

Alberto Lema: "Alvedro debe buscar conexións con cidades cun perfil de negocios semellante"

08-10-2015 16:19:13

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, manifestou este xoves que os aeroportos da Coruña e de Santiago, Alvedro e Lavacolla respectivamente, son “complementarios entre si”. Por iso, avogou por poñer en marcha unha política aeroportuaria que “supere os localismos e non caia na canibalización mutua, é dicir, que ambas terminais pelexen por destinos que, ao final, poden ir en detrimento das necesidades de ambas cidades”. 

O edil explicou en rolda de prensa que se ben Lavacolla ten un perfil de viaxeiro de “tipo turista”, as conexións que mellores resultados obteñen na Coruña “son aquelas de carácter comercial”. “Nós temos que estar conectados maioritariamente con aquelas cidades que teñen un perfil de negocios, similar ao noso”, indicou. “Á vez tamén aspiramos a manter e incluso ampliar, co menor dos custes posibles, as saídas internacionais dende Alvedro”, engadiu.

En canto á coordinación aeroportuaria, Lema insistiu en que “é necesario poñer en efecto unha liñapolítica que supere o marco localista”, á vez que é preciso “manter unha coherencia no discurso”. “En concreto, e con este importante tema para a cidade, pedímoslle ao PP que manteña a mesma liña aquí e en Santiago. Non podemos estar un día pola coordinación e ao seguinte pola rivalidade. O que hai que facer é ordenar de xeito responsable o mapa aéreo”, comentou. 

O concelleiro indicou, a preguntas da prensa, que, polo momento, as conversas de carácter aeroportuario, estanse levando a cabo de xeito bilateral con Santiago. “Lavacolla é a principal terminal coa que nos solapamos. É relativamente normal que alguén que vive en Compostela veña á Coruña a coller un avión e viceversa. É por iso que a nosa primeira necesidade de coordinación, aínda antes que con Vigo, está con Santiago”, argumentou.


As rutas

En canto as rutas en Alvedro, á marxe da pretendida coordinación con Lavacolla, o concelleiroapostou por “non ser exclusivistas”. “Aínda que os voos que funcionan na Coruña son eminentemente comerciais, a ruta ás illas en verán está máis que xustificada pola demanda”, indicou Lema, en defensa dun modelo de cooperación que en ningún momento equivale á rebaixar a importancia de Alvedro en favor doutro aeroporto.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias