El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

Besteiro: “Os socialistas sempre fumos o avance, o progreso, o cambio e a reforma"

29-11-2015 20:22:57

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe na Coruña que “o próximo 20 de decembro non se trata de votar rebeldía nin submisión, se non a responsabilidade que representa o PSOE”.   

O líder do PSdeG pechou o acto de presentación das candidaturas dos socialistas galegos ao Congreso dos Deputados e o Senado pola provincia da Coruña. “Temos que votar contra o inmovilismo e a economía especulativa do Partido Popular”, afirmou Besteiro, e tamén “contra as opcións esencialmente liberais e socialmente coxas”.   

“Os socialistas non dividimos a poboación, o único que sempre fixemos foi construír e xerar compromisos, contaxiar ansia de cambios e dar a cara; os cidadáns deben comprometerse e dar un paso ao fronte, a única alternativa real é Pedro Sánchez”, manifestou na sede do PSdeG na Coruña, chea de militantes e coa presenza do presidente da Deputación, Valentín Formoso, alcaldes e outros cargos do partido.   

“Quen vai votar pensando en Rajoy, que non ilusiona nin á dereita?”, preguntouse Besteiro, que manifestou o desexo socialista de que “todos os cidadáns partan da mesma liña de saída”. “Os socialistas sempre fumos o avance, o progreso, o cambio e a reforma, fronte un PP que nunca deixou avanzar o país, como cando dicían que o matrimonio homosexual ía rematar coas familias”, dixo.   

Mar Barcón, secretaria xeral dos socialistas na cidade, presentou o acto, mentres que o secretario provincial, Julio Sacristán, falou da importancia do porta a porta “e de convencer aos indecisos da necesidade dun novo modelo de recuperación xusta e con igualdade”.   

Pilar Cancela, número 1 da candidatura ao Congreso dos Deputados, garantiu “unha Galicia forte e unha España mellor” coa presidencia de Pedro Sánchez, apostando por “aproveitar o músculo socialista nos municipios da provincia nestas eleccións xerais, o PSOE está nunha situación óptima para ser a primeira forza”.   

Por último, Ángel Mato, cabeza de lista dos socialistas da Coruña ao Senado, criticou “a recuperación económica con vítimas dos últimos catro anos, o resultado do goberno do PP foi un aumento da pobreza e os socialistas teremos como sempre o obxectivo da igualdade de oportunidades”.      





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias