El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Sociedad

O 15 DE MARZO NA CIDADE DA CULTURA

Galicia, sede do XV Encontro Nacional de Telecentros

11-03-2016 23:12:13

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurará o vindeiro martes 15 en Santiago o XV Encontro Nacional de Telecentros, que se celebra baixo o lema “Impulsando a túa capacitación dixital”.    

A iniciativa, organizada pola Asociación Nacional de Redes de Telecentros en colaboración co Amtega, ten como obxectivo coñecer as principais accións estratéxicas das Redes de aulas para a formación dixital  e potenciar a súa posición como recurso chave mellorar as competencias dixitais para a empregabilidade e impulsar a innovación social Dixital.   

No encontro participan máis de 100 profesionais relacionados co desenvolvemento da Tecnoloxía da información, industrias do sector, organismos públicos e privados de Galicia, España e Europa, e innovadores, usuarios, e comunidades locais do ámbito local das aulas CeMIT. galega.  A inscrición é de balde e poderá efectuarse a través do seguinte enlace da web da Rede CeMIT inscrición ao evento.   

O evento retransmitirase por emisión por streaming en http://comunidaddetelecentros.net/directo/ e poderá seguirse en twitter co hashtag #15encuentro e #telecentros.   


Programa

Durante a xornada,  Ver programa e Ver díptico programa, celebraranse catro mesas de debate. Na primeira abordarase a a acreditación de competencias dixitais, expoñendo a experiencia galega do CODIX (Certificación de Competencias Dixitais en Ofimática),xunto co modelo andaluz de formación en competencias dixitais, Guadalinfo. Esta mesa pecharase coñecendo o papel e as iniciativas de Telecentre Europe sobre este tema e o seu posicionamento con respecto ao informe europeo  DIGCOMP, o marco común para o desenvolvemento de competencias dixitais en Europa.

Na segunda das mesas analizarse o programa europeo de fomento da empregabilidade, FIT4jobs, que quere reorientar a traxectoria formativa dos e as mozas cara ao ámbito TIC para dar resposta á demanda actual e futura e mellorar as súas oportunidades laborais. Nesta segunda mesa, a directora de Formación de Fundación Tecnoloxías da Información de AMETIC falará tamén sobre os “Os perfís profesionais da transformación dixital.”   

A terceira das mesas debate abordará  proxectos de innovación social dixital como  CeMIT-innova, impulsada pola Amtega en 2015 e que conseguiu desenvolver 9 iniciativas de innovación social dixital en 9 aulas da Rede CeMIT;O proxecto O cable amarelo, para a construción dun ecosistema innovador da rede de aulas da rexión de Murcia e a experiencia de deseño e implantación de living labs, promovida pola Rede de Espazos CyLDIGITAL de Castela e León.   

O programa do encontro complétase co Taller práctico: “Transformando Ideas… para mellorar a nosa contorna local.  DesignThinking para a Innovación social dixital nas redes de telecentros”, onde se verán os resultados dos pilotos que xa se executaron na I Edición CeMIT-Innova 2015   

Unha vez máis o encontro das redes de telecentros terá un formato de workshop aberto, participativo e que  poderá seguirse en twitter cos hashtag #15Encuentro e #Telecentros, vía streaming streaming en e que recollerá todas as achegas no storify da comunidade de telecentros https://storify.com/comunidadtc na web da get online week.                                                                                                                            

Organizadores 

Os impulsores deste XV Encontro no que colabora a Amtega son Asociación Comunidad de Redes de  Telecentros e Telecentre Europe.  A Asociación,  constituída no ano 2008,  é unha  entidade sen ánimo de lucro que  agrupa  a 12 institucións publicas de 10 Comunidades Autonómicas que traballan na creación, dinamización e mantemento de espazos públicos destinados ao fomento da Sociedade da Información, en España mediante a promoción do acceso da cidadanía ás tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).   

Telecentre Europe é unha organización sen ánimo de lucro con sede en Bruxelas. Actualmente os membros da rede representan a máis de 50 organizacións membros en 32 países. Os membros e socios da rede teñen como obxectivo, mellorar a inclusión dixital europea e o sector da cultura dixital, integrando a todas as asociacións e redes non gobernamentais que traballan pola inclusión dixital na UE. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias