Turismo de A Coruña apoia a regatista Sofía Toro a través dun patrocinio valorado en 5.000 euros. A deportista coruñesa, medallista olímpica nos Xogos de Londres 2012, dará a coñecer a cidade en probas deportivas de todo o mundo, co obxectivo promocionar A Coruña como destino turístico, naútico e deportivo. O Consorcio de Turismo e Congresos de A Coruña colabora coa deportista en desprazamentos e material deportivo de competición.
O apoio de Turismo de A Coruña á regatista olímpica coruñesa enmárcase na aposta da entidade polo turismo náutico. A cidade está en pleno proceso de incorporación á Rede de Estacións Náuticas, un club de produto que servirá de plataforma ás empresas locais vinculadas ás actividades acuáticas e ten por obxectivo atraer á cidade visitantes interesados nas propostas lúdicas vinculadas ao mar, unha área de negocio con gran potencial na Coruña.
Este luns A Coruña promociónase en Campionato de EuropaEste luns día 5 de abril dá comezo unha das probas máis importantes nas que Sofía Toro lucirá a imaxe de Turismo da Coruña: o Campionato de Europa de Vela, en Palma de Mallorca, do 5 ao 12 de abril, puntuable para a clasificación olímpica.?
Ata o momento, a regatista galega colaborou xa na promoción da Coruña como destino turístico nas a Isaf World Cup de Miami, o Campionato Suramericano de Buenos Aires, o Campionato Nacional de Portugal, o Campionato de España, e o Trofeo Princesa Sofía, disputado tamén en Palma de Mallorca esta última semana.Sofía Toro mostrará a imaxe de Turismo da Coruña nas velas e a embarcación nas 17 regatas nas que ten previsto competir esta tempada. Tamén colaborará nas accións de promoción que se realicen no marco da Estación Náutica da Coruña durante este ano e o que vén.
O convenio asinado este ano encádrase na meta de promover accións que deriven na afluencia e consolidación da Coruña como destino turístico de primeira orde que o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña ten entre os seus labores.Comunicación Turismo de A Coruña. Departamento de comunicación