El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

Nava Castro: "Galicia mostrará o seu esplendor a miles de espectadores de La Vuelta Ciclista"

25-04-2016 20:31:32
Presentado o spot de La Vuelta Ciclista.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e o director de Unipublic, Javier Guillén, visitaron esta tarde o Balneario de Laias para asistir á grabación do spot oficial de La Vuelta Ciclista a España 2016. A canción oficial desta nova edición, que servirá tamén de base para o Minimalia e Anxo Lorenzo e o humorista David Amor.   

Durante a visita a directora de Turismo de Galicia sinalou que Marta Sánchez é a artista perfecta para poñer voz a esta nova edición de La Vuelta Ciclista xa que, ademais de contar con numerosos seguidores e un gran prestixio, tal e como avalan os seus trinta anos como artista e os máis de 8 millóns de discos vendidos, é unha recoñecida artista galega.   Así mesmo, Nava Castro destacou que a gravación do anuncio promocional se rodará integramente na Comunidade galega e a emisión do anuncio en Televisión Española estenderase entre os meses de xullo e setembro constituíndo, segundo sinalou, “unha importante carta de presentación de Galicia como destino a nivel nacional”.   

Por outra parte, resaltou que a nosa comunidade ocupará un lugar moi destacado neste gran acontecemento deportivo recordando que Galicia será o punto de partida deste evento que conxuga a competición coa promoción turística do lugares polos que discorre. “Neste ano, Galicia mostrará de novo todo o seu esplendor a miles de espectadores de La Vuelta Ciclista cunha edición que non deixará a ninguén indiferente”, afirmou Nava Castro.       


Gran repercusión  

A responsable de Turismo da Xunta fixo referencia á gran repercusión que xerou a última edición de La Vuelta Ciclista en Galicia.   Neste senso, afirmou que tanto na saída coma durante a carreira ou na meta de cada unha das etapa, a nosa comunidade contou cun nivel de participación masiva, rexistrando máis de 2 millóns de público.   

Así mesmo, Nava Castro sinalou que esta competición deportiva foi seguida por un gran número de espectadores a través das pantallas de varios países do mundo, acadando a cobertura internacional un total de 190 países dos cinco continentes.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias