El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Deportes

O domingo celébrase a Marcha homenaxe ás víctimas do accidente de A Guarda

27-04-2016 20:31:52
Este domingo celébrase a Marcha homenaxe.

 A Federación Galega de Ciclismo e a Federación Galega de Tríatlon convocan para este domingo un acto de homenaxe ás víctimas do accidente do pasado 12 de marzo en A Guarda. Na honra do falecido José Antonio Casas Pérez (Ñito) e do resto de deportistas involucrados no tráxico suceso acontecido na PO-552, realizarase unha marcha en bicicleta que atravesará os concellos de Nigrán, Baiona, Oia e A Guarda.   

A data inicialmente prevista era a do 20 de marzo, pero a concentración tívose que adiar ao coincidir co inicio da campaña de desprazamentos da Semana Santa e non contar cos permisos necesarios.   

Na mañá do 1 de maio o punto de partida será a Ponte Romana da Ramallosa, no concello pontevedrés de Nigrán, onde ás 10:00 horas arrancará o pelotón formado por todas as persoas que se desexen sumar a esta iniciativa para percorrer en bicicleta o traxecto ata o punto do sinistro.   

Lucindo crespóns negros en sinal de loito, os participantes rodarán aproximadamente durante hora e cuarto cubrindo unha distancia de 28 kilómetros e deixarán de dar pedais no escenario do accidente, no kilométro 44 da estrada PO-552. Alí, a familia de Ñito depositará unha coroa de flores xunto á figura que o homenaxea e procederá a ler un manifesto. A continuación, o pelotón regresará de forma controlada ata a Ramallosa.   

O accidente do que xa se cumpriu un mes e medio custoulle a vida a Ñito, membro do clube Miñor Bike, e deixou sete feridos máis, que pasaron a engrosar a lista negra de víctimas mentres practicaban deporte nas estradas galegas e españolas nos últimos tempos. Departamento de comunicación    





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias