El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

REMATA O 13 DE MAIO

O PSdeG abriu o prazo de recollida de avais para as primarias

03-05-2016 12:15:14

A recollida de avais para as candidaturas socialistas á presidencia da Xunta abriuse hoxe e as persoas que se rexistren como precandidatas terán ata o próximo día 13 de maio, ás 13.00 horas, para acadar un mínimo de 1.010 apoios de militantes, un 10% da totalidade do censo válido para o proceso. Esta fase ábrese con Xoaquín Fernández Leiceaga como único precandidato inscrito ata o de agora.    

Os e as militantes do PSdeG teñen xa á súa disposición os modelos oficiais de avais nas súas sedes e na web www.psdeg-psoe.com/primarias/ Os avais son nominativos, cun modelo oficial aprobado pola Comisión Nacional de Garantías Electorais do PSdeG que leva o nome do precandidato ou precandidata previamente rexistrado no partido.  

Os representantes das precandidaturas, as agrupacións provinciais e municipais e a militancia poderán entregar os avais na sede do partido en Santiago de Compostela. Tamén se aceptarán avais individuais a través do correo primarias@socialistasdegalicia.com, adxuntando a imaxe do aval oficial xunto coa fotocopia do DNI. As persoas precandidatas deberán adherirse ao Código Ético dos socialistas e entregar a súa declaración de bens. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias