El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

Os Centros de Infantil e Primaria contarán cun auxiliar administrativo neste mesmo curso

04-05-2016 15:50:38

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, destacou hoxe tras o Consello da Xunta a aprobación da modificación da relación de postos de traballo do persoal de Educación para dotar dun auxiliar administrativo os centros de infantil e primaria. Deste modo, cúmprese un compromiso adquirido no Debate sobre o Estado da Autonomía, unha vez que mellorou a dispoñibilidade económica da Xunta.   

Feijóo precisou que os primeiros colexios que se beneficiarán desta medida serán os que teñan matriculados a 400 alumnos ou máis; así como os que teñan 350 ou máis alumnos, sempre que dispoñan de servizos complementarios de transporte e/ou comedor.   A modificación da RPT supón a creación de 99 postos de auxiliar. Estes novos traballadores xa se poderán ir incorporando aos centros ao longo das vindeiras semanas.   

O titular da Xunta afirmou que con esta medida a Administración autonómica reforza os servizos complementarios nos centros. “Reducimos o traballo burocrático dos profesores, para que poidan dedicar esas horas ao traballo educativo”, concluíu.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias