El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

O CGAI conmemora o Día das Letras Galegas

15-05-2016 13:03:47

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conmemorará o Día das Letras Galegas cunha programación especial dedicada tanto á figura de Manuel María, o autor homenaxeado este ano, como ao centenario da primeira asemblea das Irmandades da Fala. Este ciclo desenvolverase ao longo de cinco sesións que terán lugar na súa sede da Coruña os vindeiros días 18, 19 e 21.   

O escritor chairego é o obxecto de tres documentais que se proxectarán no marco desta celebración e para os que a entrada será libre ata completar a capacidade da sala. O xoves 19, ás 18.00 horas, exhibirase ‘Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María’, produción de 2005 dirixida por Xosé Carlos Garrido e Lois Diéguez, e ‘Manuel María na Terra Cha’, filme realizado por Xulio Xiz en 1995.   


‘Eu son fala e terra desta a miña terra’

O sábado, tamén ás 18.00 horas, será a quenda para ‘Manuel María. Eu son fala e terra desta a miña terra’, documental de Margarita Ledo Andión que xunta imaxes obtidas de varias fontes coas rodadas especificamente para o filme co obxectivo de recrear a personalidade de Manuel María a través de diferentes espazos alegóricos. Así, este traballo intenta desvelar interrogantes que teñen que ver coa decisión do autor de escribir en galego a comezos dos anos cincuenta, así como a súa especial relación cos lugares que marcaron a súa traxectoria vital e coa súa moi ampla e diversa actividade cultural.   

En canto á celebración do centenario das Irmandades da Fala, o programa do mércores 18 centrarase na figura de Alfonso R. Castelao, comezando ás 18.00 horas con ‘Filmando a Castelao’, unha produción dirixida por Antón Reixa e Carlos Larrondo sobre a rodaxe en 1980 do documental ‘Castelao, biografía de un ilustre gallego’, de Jorge Prelorán.   

A sesión das 20.30 horas reúne varias películas históricas nas que está presente o autor de Rianxo. En primeiro lugar, co seu breve ‘cameo’ en ‘Miss Ledyia’, considerada a primeira ficción cinematográfica galega e da que este ano se cumpre tamén o centenario da súa rodaxe. A continuación, coa súa aparición nun dos noticiarios de Vicus Films e, finalmente, cunha recompilación de diferentes imaxes do seu exilio en Arxentina, reunidas por Eligio González en 1972.   

Esta programación especial complétase con ‘As Irmandades da Fala. 100 anos’, unha produción de TVG que poderá verse no CGAI o 19 de maio, ás 20.30 horas, xusto un día despois da súa estrea na canle autonómica.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias