El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

NO PRIMEIRO CUADRIMESTRE

O Turismo Internacional acada un máximo histórico en Galicia

23-05-2016 20:46:05

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados no día de hoxe, nos catro primeiros meses deste ano 2016 Galicia rexistrou un incremento da súa cifra de viaxeiros aloxados do 7,3% en relación ao mesmo período do pasado ano, rexistrando preto de 860.000. A nosa Comunidade mellorou tamén as pernoitas dos seus establecementos hoteleiros nun 6,7%, neste caso, superando a cifra das 1,5 millóns.   

É o terceiro ano consecutivo no que Galicia rexistra unha mellora dos seus niveis de demanda hoteleira no primeiro cuadrimestre do ano acadando neste 2016 a nosa Comunidade a cifra de pernoitas e viaxeiros máis elevada desde 2010 e 2008, respectivamente, neste período.   

A nivel estatal rexistrouse tamén unha mellora dos niveis de demanda hoteleira, do 9,1% no relativo á cifra de viaxeiros aloxados e do 9,3% no que atinxe ás pernoitas.   

En termos de mercado, o turismo interno rexistrou un incremento do 3,6% nas súas pernoitas  e do 7% na súa cifra de viaxeiros aloxados. Grazas a este crecemento o mercado interno acadou no primeiro cuadrimestre do ano a cifra de pernoitas máis elevada desde o 2012 con máis de 542.000.   

No que se refire ao turismo receptor nacional, Galicia incrementou as súas pernoitas nun 10,2% e os seus viaxeiros nun 9% superando por vez primeira dende o 2010 a barreira das 700.000 pernoitas nos catro primeiros meses do ano.   

Pola súa parte, o turismo internacional superou nun 4,3% as pernoitas e nun 4,5% os viaxeiros rexistrados neste período no pasado ano. Estes incrementos sitúan os niveis de demanda en máis de 167.000 viaxeiros, cifra que supón un máximo histórico en Galicia neste período de catro meses, e en preto de 290.000 pernoitas, a cifra máis elevada dos últimos oito anos.   

Como consecuencia do incremento da demanda os niveis de ocupación do sector hoteleiro en Galicia melloraron en relación ao pasado ano, en 1,2 puntos porcentuais, para situarse na porcentaxe máis elevada dos últimos seis anos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias