El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

HOXE

O CPEIG organiza o novo faladoiro dixital

28-05-2016 11:31:08

A Coruña.- O Cloud Computing protagonizará o novo faladoiro dixital, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), no marco da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital. O encontro desenvolverase na Facultade de Informática da Coruña (FIC) o vindeiro 7 de xuño de 11.15 a 14.00 horas.   

Tras a benvida institucional, a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e do decano da facultade, Luis Hervella, o profesor doutor da FIC, Guillermo López, falará da oferta formativa en Cloud Computing. A continuación, o xerente de Tecnoloxía e Contornos Colaborativos  en Hijos de Rivera, Carlos López, e a responsable de Sistemas Informáticos e Telecomunicacións en Auto Radio, Cristina Bernárdez, analizarán as boas prácticas de solucións Cloud.   

Un debate aberto ao público pechará este faladoiro dixital ao redor do Cloud Computing. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse xa de balde no enderezo eventos@cpeig.org e a través da web www.profesionsdixitais.org, onde tamén atoparán información do programa e dos relatores.   


1 mes, 1 profesión dixital

A campaña 1 mes, 1 profesión dixital arrincou a súa segunda edición o mes pasado en Ourense, abordando as oportunidades profesionais e boas prácticas ao redor do Big Data. O obxectivo xeral é crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información e a comunicación cara ao emprego. A iniciativa é froito do acordo de colaboración asinado no presente ano entre o CPEIG e a Amtega.    





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias