El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Deportes

EN ALACANTE

A Selección Galega despraza a 13 ciclistas aos Campionatos de España

21-06-2016 11:31:50

Desde este xoves disputaranse na provincia de Alicante os Campionatos de España de ciclismo en estrada 2016, unha cita na que a Selección de Galicia estará representada por trece corredores. Xosé Anxo Vidal e Guillermo Sande, os técnicos da Federación Galega de Ciclismo, confeccionaron unha convocatoria para participar en catro probas da categoría Sub23. A expedición partirá este martes rumbo a terras mediterráneas. 

O xoves, ás 10:00 horas, arrancará a competición coa contrarreloxo individual masculina sub23. Martín Bouzas Rey (Supermercados Froiz) e Samuel Blanco Prol (Club Ciclista Rías Baixa) lucirán o maillot de Galicia nun percorrido de 18,9 kilómetros con saída en Ibi e chegada ao cruce do Barranco da Batalla, con dúas subidas ao Port d’Ibi. 

A continuación, a partir das 11:30, nese mesmo escenario rodarán as féminas sub23. Paula Sanmartín Rodríguez (Bioracer-EK) e María José Gómez López (Cidade de Lugo) defenderán os intereses galegos. 

Para a seguinte xornada están programadas as probas en liña. Os sub23 masculinos xogaranse o título estatal pola mañá (10:00 horas) e terán que dar seis voltas ao circuíto de L’Alquería d’Asnar ata completar 138 kilómetros. O equipo de Galicia estará composto por nove ciclistas: Jon Ander Tomé Vacas e Alexandre Rodríguez Rodríguez (Cambre Renault Caeiro); Alejandro Regueiro Pérez, Martín Bouzas Rey, Raúl Fernández Lorenzo e Alejandro Lomba Rodríguez (Supermercados Froiz); e Samuel Blanco Prol, Cristian Mota Pérez e Javier García Figuieroa (Club Ciclista Rías Baixas). 

Pola tarde, as18:00 horas, chegará a quenda para as féminas sub23, con catro voltas ao mesmo trazado que os homes e alcanzando a meta despois de percorrer 92 kilómetros. Sandra Moral Ventosinos (C.C. Marín), Paula Sanmartín Rodríguez (Bioracer-EK), e Lorena Sanín Sánchez e María José Gómez López (Cidade de Lugo), integrarán o cuarteto galego. Departamento de comunicación   





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias