El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Sociedad

Os fisioterapeutas alertan dos riscos ao someterse ás masaxes nas rúas e praias

15-07-2016 13:21:27

O Colexio Oficial de Fisioterapeuta de Galicia (CoFiGa) alerta no seu videoconsello do mes de xullo/2016 sobre os perigos e riscos para a saúde que entraña someterse ás masaxes que se ofrecen nas rúas e praias do noso litoral, principalmente nos meses de verán. 

As persoas, na maioría dos casos turistas, que se someten a este tipo de masaxes, expóñense sen sabelo a contagios e infeccións, á parte da lesións máis graves que poden levar mesmo á tetraplejia, ao deixar que persoas sen titulación oficial recoñecida por Sanidade manipulen os seus músculos, a súa estrutura ósea e a súa dermis, explican os fisioterapeutas. 

Lembran neste sentido que para evitar riscos e recibir tratamentos con garantías, os problemas de saúde deben ser tratados en centros sanitarios e só por profesionais sanitarios, como é o caso dos fisioterapeutas. 

Instan por tanto a rexeitar ese tipo masaxes practicados na rúa e/ou nas praias, evitando con iso non só expoñerse a riscos para a saúde, senón que tamén evitar a explotación destes “falsos masaxistas” que en moitas ocasións ven obrigados a traballar en condicións hixiénicas e ambientais prexudiciais.


Campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) realiza estas recomendacións, conxuntamente cos colexios homónimos de Madrid, Cataluña, País Vasco e Navarra, cun novo videoconsello da campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”. 

CoFiGa é unha institución que representa a nivel autonómico aos máis de 2.400 fisioterapeutas que exercen na nosa comunidade. Os seus obxectivos son a salvagarda dos principios deontolóxicos e ético-sociais da Fisioterapia, a defensa e a promoción da saúde e o benestar dos cidadáns de Galicia, en colaboración cos poderes públicos, así como a promoción a nivel científico, cultural, económico e social dos fisioterapeutas colexiados. Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias